Wednesday 01 de May de 2024

A EDAR Bens debe esixir o cobro ao Concello de Cambre dos 1,3 millóns que debe pola depuración de augas


A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, que tamén é presidenta da empresa que xestiona a depuradora de augas de Bens, debe esixir ao Concello de Cambre o pago do millón trescentos mil de euros que debe e que xa cobrou á súa veciñanza. Así o manifestou o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, quen estima que esa débeda non está motivada polo conflito que está enfrontando á alcaldía dese concello con determinados funcionarios públicos.

A decisión de non pagar é política, xa que o Concello de Cambre cobrou ese diñeiro aos veciños e o ten no banco, sen aboalo á empresa pública que forman os concellos de Oleiros, Culleredo, Arteixo, Cambre e A Coruña.

“Así é fácil ter cartos, cobrándolle aos veciños e non pagando á empresa xestora”, manifestou García Seoane en referencia á fachenda municipal de Cambre de ter superávit bancario.